Marcelo Djaló: "Adestrar no céspede é un luxo a día de hoxe"

O central do Lugo asegura que as sensacións son positivas logo das primeiras sesións de traballo en grupo
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Djaló (dereita), no adestramento deste luns. VICTORIA RODRÍGUEZ

O central do CD Lugo Marcelo Djaló recoñeceu que poder adestrarse no céspede é "un luxo a día de hoxe" logo das semanas que pasaron sen exercitarse no terreo de xogo pola Covid-19.

Djaló, en declaracións que facilitou o club, explicou que “as sensacións son positivas despois do peche en casa" ao volver a adestrar "con compañeiros e co balón".

"Poder estar no campo é un luxo a día de hoxe e poder compartir cos seus compañeiros no terreo de xogo coas botas postas está a axudarnos moito", declarou.

Tamén recoñeceu que os branquivermellos, que están en postos de descenso a Segunda B, teñen por diante "un desafío enorme" que han de afrontar "con moita xerarquía".

"é unha mini pretemporada na que non podemos permitir relaxarnos", sinalou o futbolista do Lugo, que ve ao colectivo "progresando moi ben física e mentalmente" para o que se aveciña.

Os lucenses, apuntou Djaló, afrontan o "reto" dunha "Liga de once partidos" co obxectivo de abandonar os postos de descenso e conseguir a continuidade na categoría de prata.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios