''Manzanares será un inferno''

Julio Delgado
photo_camera Julio Delgado

O Burela FS aproveitou ao máximo o factor Vista Alegre no primeiro encontro do play off de ascenso a Primeira División e terán dúas oportunidades en Manzanares, a primeira o venres, para acceder á segunda e definitiva rolda.

Os laranxas callaron un dos seus mellores encontros da tempada, especialmente na primeira metade e cárganse de moral para a batalla, ou dobre batalla, que se lles aveciña. O Manzanares foi o mellor equipo do curso xogando ante a súa afección, sen ningunha derrota en toda a tempada, pero o rendemento do equipo de Xullo Delgado o sábado invita o optimismo sobre as opcións do equipo.

Os infantís caeron eliminados na Copa Galicia

O equipo infantil federado do Burela FS caeu eliminado na Copa Autonómica tras caer derrotado na cancha do Lumieira de Lugo, por 6-2. Con este resultado pon fin á tempada federada.

Copa Mariña

Mellor lles foron as cousas aos equipos do Burela FS que disputan a Copa dá Mariña, con triunfos para os infantís, 1-6 ante o ACD Xove e 0-13 ante o Cidade de Viveiro. Tamén conseguiron gañar os benxamíns, que se impuxeron á ACD Xove por un axustado 2-3.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios