Manuel Vizcaíno apúntase o torneo interclubes de Lugo

Manuel Vizcaíno proclamouse vencedor do Torneo de golf interclubes Club de golf Lugo-Campomar de Ferrol 2009 celebrado o sábado 17. Preto dun centenar de xogadores déronse cita no Club de Golf de Lugo para realizar un percorrido de 18 hoyos baixo a modalidade de 'stableford' individual para dúas categorías. Vizcaíno alzouse co trofeo cun cartón de 75 golpes, 3 sobre o par.

Na primeira categoría o triunfo foi para Borja Rodríguez, do Club de Golf Lugo, con 41 puntos, 5 baixo par. Manuel Maria Vázquez, con 39 puntos, 3 baixo o par, e Ángel Castro, con 38 puntos, 2 baixo par —ambos do Club de Golf Lugo— completaron o podio.

Pola súa banda, Clara Dopico, do Club de Golf Campomar, alzouse coa vitoria na modalidade de segunda categoría cun total de 49 puntos, 13 baixo par por diante de Jesús Castro e Antonio Rodríguez. O Club de Golf Lugo impúxose na categoría por equipos cun total de 198 puntos fronte ao Campomar cun total de 196 puntos.

Copa Deputación
O Club de Golf Lugo acollerá este sábado a décimo terceira edición do torneo Deputación provincial de Lugo. A inscrición deberá formalizarse antes das 12.00 horas do venres no club ou no seguinte teléfono: 982-17-63-14. Os horarios de saída poderán consultarse este venres a partir das 15.00 horas no número de teléfono anteriormente indicado. A modalidade de xogo de Cópaa Deputación será de 'stableford' individual, para un percorrido que estará composto por un total de 18 hoyos para dúas categorías.

O torneo premiará ao primeiro clasificado da modalidade ‘scratch' e aos tres primeiros clasificados de cada categoría. Tamén se entregarán os premios ao mellor xogador infantil, ao mellor sénior e á mellor dama, así como para o mellor ‘driver' tanto masculino como feminino e o mellor ‘approach' dos que acudan á competición.

Comentarios