Manuel Hernández iniciou o seu papel no Boys Amateur

Manuel Hernández. (AEP)
photo_camera Manuel Hernández. (AEP)

O monfortino Manuel Hernández iniciou onte en Escocia o torneo de golf Boys Amateur Champioship, que organiza a Royall&Ancient e que reúne a 251 xogadores de todo o mundo. Unha xornada pasada por auga que incluso obrigou a suspender algunha das saídas previstas.

Así o indicaba a este diario Manuel López García, o seu adestrador e un dos responsables técnicos da Federación Española de golf. «Logo dunha primeira xornada pola mañá aceptable, sufriu pola tarde debido ao mal estado do campo que lle tocou, dado que este torneo dispútase en dúas instalacións: Prestwick e Dundonald Links», dixo.

Consiga AQUÍ a información completa

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios