O Mallorca, rival do Lugo, comunica dous positivos por coronavirus

O resto do persoal deu negativo nunha segunda PCR
Jugadores del Mallorca. RCDMALLORCA
photo_camera Xogadores do Mallorca. RCDMALLORCA

O Mallorca, rival do Club Deportivo Lugo este fin de semana na xornada número 34 da Segunda División, comunicou este sábado dous positivos por coronavirus entre os membros do seu persoal. 

O club balear explicou que se trata de dous xogadores, que "están ben, illados nos seus domicilios e cumprindo os protocolos sanitarios". 

O resto do persoal, informou o Mallorca, atópase en perfecto estado tras facer unha segunda proba PCR. 

O partido deste domingo non corre perigo ao haber o mínimo de futbolistas esixido. Ademais, ao estar dentro das últimas xornadas, desde a 34 en Segunda División (a actual), non é posible o adiamento de partidos por covid, tal e como indica o regulamento aprobado pola liga e a Rfef. 

Comentarios