Luís César: "Faltounos personalidade con balón"

O adestrador do Lugo lamentou o empate co Xirona aínda que destacou que "houbo bo xogo"
Luis César, durante el encuentro (izquierda), y Manu Barreiro controla un balón. ADG MEDIA
photo_camera Luis César, durante el encuentro. ADG MEDIA

O técnico do Lugo, Luís César Sampedro, preferiu ver o vaso medio cheo despois do empate do seu equipo en Montilivi. "Sempre hai que dividir os partidos por tramos: houbo algúns nos que tivemos o dominio, sobre todo na primeira parte, e outros nos que defendemos máis atrás. Despois do descanso perdemos gas para acosar moito máis arriba ao Xirona. Non tivemos o control do primeiro tempo. O rival estaba con dez ao final, pero nós practicamente tamén pola lesión de Juanpe. É un momento cruel que temos que vivir. Un punto, moitas cousas positivas e algunhas negativas que trataremos de analizar", declarou.

O adestrador vilagarcián, ademais, observou unha clara melloría respecto do seu primeiro duelo no banco nesta nova etapa. "Cada encontro ten unha historia distinta. Cando perdiamos o balón, o Fuenlabrada conseguía ser vertical; esta vez iso non ocorreu. O Xirona non nos gañou as costas en ningún momento, e conseguiu o empate nun rebumbio final. Dispuxemos de ocasións para facer o 0-2 antes do descanso, como un man a man de El Hacen. O contrario buscou o empate con afán, tirou de épica, foi valente e atopou o seu premio. Fixemos moito mellor partido que contra o Fuenla. Aproxímase moito máis ao que quero, pero teño que recoñecer que hai cousas que faltan por coser", dixo.

Luís César Sampedro lamentou que o cadro lucense non lograse pór terra polo medio no primeiro acto. "Fixemos unha primeira parte brillante. Se tivésemos contundencia, chegásemos ao descanso con 0-2. Faltounos ter máis personalidade co balón na segunda metade. Juanpe tiña unha escordadura de nocello e camiñaba polo campo. O fútbol é cruel. O que quero é que teñamos máis ocasiones que o contrario. Despois, estará a puntería".

Para rematar, o preparador valorou a actuación de Appiah, desequilibrante polo costado destro e protagonista na xogada do 0-1: "é un diamante en bruto. Non o vexo aínda ao 100 por 100, pero o día que o alcance será un xogador doutro nivel". 
 

Francisco Rodríguez, adestrador do Xirona: "O gol de Sylla deunos un punto merecido"
O do Xirona, Francisco Rodríguez, asegurou que a súa escuadra mereceu o empate: "O equipo, salvando os dez primeiros minutos, tivo un 60% de posesión, dispuxo de oportunidades e foi valente, incluso cando quedamos cun menos. Fixemos méritos para non perder. O gol de Sylla deunos un punto merecido". "O feito de empatar premia o esforzo dos dez xogadores que estaban no campo. A derrota fose moi cruel. Non foi así e sumamos 39", declarou o ex do Lugo.

 

Comentarios