Luis César considera que queda tempo para asinar "un final bonito"

O adestrador do CD Lugo é consciente de que o obxectivo da promoción complicouse "moitísimo" pero non perde a esperanza
Luis César, en el partido de esta temporada ante el Oviedo
photo_camera Luis César, en el partido de esta temporada ante el Oviedo

Luis César Sampedro, adestrador do CD Lugo, mostrouse esperanzado respecto de acabar a tempada entre os seis primeiros e acceder á promoción de ascenso e, aínda que recoñeceu que "se complicou moitísimo" tras encaixar tres derrotas, matizou que "queda tempo suficiente para asinar un final bonito".

"Temos que escribir as cinco últimas páxinas. A ver como se nos pon os números gañado ao Ucam. Cinco partidos dan para moito. Quen sabe como vai estar a clasificación cando queden unha ou dúas xornadas", preguntouse o preparador branquivermello en rolda de prensa.

Luis César considerou que "queda tempo suficiente para asinar un final de tempada bonito" e expresou o seu desexo de selar a permanencia e poder mirar para arriba.

"Quen sabe se enganchamos unha serie positiva e que os de arriba pillen unha negativa. Pero o primeiro é gañar nós. A posibilidade de acabar sextos complicouse moitísimo, pero hai puntos e posibilidades", comentou.

"O Ucam Murcia ten boas individualidades e, aínda que vén de perder, está nun momento bo da tempada porque foi capaz de gañarlle ao Tenerife e ao Xirona, que son palabras maiores"

PARTIDO. Enfronte, terá ao Ucam Murcia, que tras sumar dúas vitorias ante o Xirona e o Tenerife, caeu o pasado fin de semana na visita ao Numancia nos Pajaritos e do que dixo que combina un "xogo directo" no seu campo, "onde non se quere comprometer", cun fútbol "creativo" cando atravesa a liña medular.

"Ten boas individualidades e, aínda que vén de perder, está nun momento bo da tempada porque foi capaz de gañarlle ao Tenerife e ao Xirona, que son palabras maiores. Seguro que non quere volver perder", advertiu.

Os murcianos tratarán de volver á senda da vitoria para avanzar cara á permanencia e ese obxectivo tamén o comparte o Lugo.

"Nós vimos de tres derrotas e queremos gañar. Vai ser un partido de dificultade e atractivo para todo o mundo, con moitos intereses. Nós queremos cortar a xeira de tres derrotas e eles non queren encaixar a segunda seguida", indicou Luis César.

O técnico confirmou que pode contar co dianteiro Joselu Moreno, que pediu o cambio en Tenerife por molestias musculares; e o camerunés Serge Leuko, que se repuxo dunha lesión, mentres que ten as baixas de Adrià Carmona e Igor Martínez, que sufriu "unha recaída" dos problemas no empeine que lle afectaron boa parte da tempada.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios