Lugo acollerá a Copa da Raíña de voleibol entre os días 11 e 13 de febreiro no Pavillón Municipal co Arenal Emevé como anfitrión do torneo.
A competición máis antiga do voleibol español recala por primeira vez na cidade de Lugo, cuxa provincia si fora sede do torneo en 2004 e 2010, segundo confirmou o club organizador.
A cuadraxésima sétima edición da Copa da Raíña contará cos seis mellores equipos ao final da primeira volta da Liga Iberdrola.
"A festa do voleibol, ademais do atractivo de gozar das mellores figuras do noso deporte, suporá unha excelente oportunidade para demostrar o potencial de Lugo á hora de organizar eventos desta magnitude", sinalou a presidenta do Arenal Emevé, Bibí Bouza.
Os dous mellores equipos da primeira fase da liga Iberdrola serán cabeza de serie e, xa que logo, evitarán a primeira rolda. Ao non ter opcións matemáticas de ocupar unha desas dúas prazas, as lucenses xa entrarán en competición o primeiro día, o 11 de febreiro, con horario aínda por determinar.