viernes. 24.09.2021 |
El tiempo
viernes. 24.09.2021
El tiempo

O Lugo sementa dúbidas ante o Rácing

partido
Imaxe do partido. XESÚS Ponche
Un equipo presumiblemente titular de face á liga non deu a talla ante un bo Rácing de Ferrol â?? O conxunto branquivermello foi incapaz de xerar ocasións tras os dous primeiros goles do rival, obra de Pep Caballé e Joselu Gómez

O CD Lugo caeu derrotado por 3-0 na primeira edición do trofeo Vila de Castro ante un sólido Rácing de Ferrol. A primeira ocasión do partido para o Lugo tívoa Xavi Torres no minuto 5, nun disparo desde fóra da área que se perdeu moi preto do pau dereito da portería. A réplica deuna Joselu, cun zapatazo que pasou moi preto do marco da portería lucense.

A ocasión máis clara ata o momento correu a cargo de Gerard Valentín, cun certeiro disparo que despexou in-extremis o gardameta do Racing.

Seoane puido adiantar ao Lugo pero finalmente non materializou. Presa tivo a oportunidade de sorprender a Whalley por partida dobre con dous potentes disparos desde fóra da área, que se perderon sobre o marco do Lugo, Estas ocasións foron o precedente do primeiro tanto do Rácing, obra de Caballé de tiro cruzado tras a recuperación de Joselu. O segundo tanto non se fixo esperar, e neste caso foi Joselu quen, tras recibir un balón longo ao vértice da área, bateu a Whalley cunha volea. O Lugo pechou a primeira metade con tres ocasións manifestas de Alberto, Canella e Rama, respectivamente.

Tras a continuación, o Lugo fixo varios cambios, pero o escenario do partido non cambiou. O Rácing, pola súa banda, contou con máis oportunidades. A sentenza final dos ferroláns chegou da man dun certeiro remate de cabeza de Yeferson Quintana, un dos mellores do partido, nun córner. O Club Deportivo Lugo disputará o seu seguinte partido de pretemporada o día 4 de agosto ante o Coruxo FC no estadio Martínez Otero de Foz.

O Lugo sementa dúbidas ante o Rácing
comentarios