O CD Lugo repartirá 4.000 banderines entre os seus afeccionados no partido do próximo venres ante o líder de LaLiga SmartBank, o Cádiz, no Anxo Carro.
A iniciativa, co apoio dun dos patrocinadores do club, Estrella Galicia, súmase á da repartición de bocadillos para os que acudan ao partido con pezas branquivermellas.
Con este tipo de medidas, o club está a intentar incrementar a afluencia de afeccionados ao Anxo Carro.
"A ver se somos capaces de chegar a 4.000 afeccionados como mínimo en todos os partidos porque necesitamos a calor de todos eles. Os xogadores, se ven arroupados, renden doutro xeito e son capaces de dar moito máis", comentou o presidente do club, Tino Saqués, este mércores nun acto da Deputación de Lugo.