O Lugo quere reforzar todas as súas liñas no mercado de inverno

O directur deportivo do club, Emilio Viqueira, concreta que quere asinar "un ou dous dianteiros"

Emilio Viqueira. AEP
photo_camera Emilio Viqueira. AEP

O CD Lugo pretende reforzar todas as liñas no mercado invernal, especialmente a dianteira, segundo explicou o director deportivo do conxunto galego, Emilio Viqueira.

“Falamos co adestrador e, se podemos, melloraremos ao equipo en cada liña do campo”, comentou o máximo responsable do conxunto branquivermello tras presentar a primeira incorporación invernal, o lateral dereito Gerard Valentín que chega cedido ata final de tempada.

Nesa posición, o Lugo conta con Eduard Campabadal e Borja San Emeterio, xa que o outro lateral dereito, Serge Leuko, recupérase dunha grave lesión no tendón de Aquiles que lle impedirá volver competir esta tempada.

Este martes, ademais da fichaxe de Valentín, o Lugo deu saída a Jona Mejía que estaba cedido polo Córdoba ata final de tempada.

“Jona é un gran dianteiro, pero non o puido demostrar aquí. Deséxolle a mellor das sortes”, comentou Viqueira.

Non será, en principio, o único xogador que se marche do equipo branquivermello no que resta de mes, segundo avanzou o director deportivo.

“Hai dous temas que estamos a falar. Son xogadores que necesitan xogar”, afirmou Viqueira, quen non quixo concretar os seus nomes.

A responsable da área deportiva do Lugo, que traspasou a Vasyl Kravets ao Leganés, anunciou tamén que o desexo do club é “asinar un ou dous dianteiros”. 

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios