O Lugo puntuou nas súas catro últimas visitas a Miranda de Ebro, onde nunca gañou

O conxunto branquivermello visitará este sábado ao cadro burgalés
MIRANDES LUGO
photo_camera Canteiro atrapa o balón no Mirandés-Lugo da pasada campaña. ARQUIVO

O Lugo reencontrarase o sábado (18.15) co equipo ante o que certificou a permanencia a tempada pasada, o Mirandés, contra o que puntuou e os seus catro últimas visitas a Anduva, aínda que nunca se impuxo nese escenario.

Os lucenses non perden en Miranda de Ebro desde xaneiro de 2014, hai case sete anos, cando encaixaron un 2-0 na última xornada da primeira volta.

Nese escenario tamén caeran na súa primeira visita na categoría de prata (1-0), na xornada 28 da tempada 2012/13.

Desde esas dúas derrotas, os lucenses non volveron caer en Anduva, onde estrearon a súa marcadora de puntos na primeira xornada da campaña 2014/15.

Tras empatar sen goles nesa ocasión, o Lugo igualou nas súas tres visitas máis recentes ao Mirandés con tantos ao seu favor: 1-1 na tempada 20015/16 e na 2019/20 e 2-2 na 2016/17.

O curso pasado, o Mirandés foi clave na permanencia do Lugo: na penúltima xornada derrotou ao Deportivo en Anduva e iso permitiu aos lucenses depender de si mesmos no último partido do curso, no que, entón con  Juanfran García á fronte do banco, os branquivermellos gañaron (2-1), con remontada incluída, aos burgaleses e certificaron a permanencia.

Comentarios