Lugo manda en Vilalba

SSEN9663.JPG
photo_camera SSEN9663.JPG

O dominio dos equipos da capital lucense fíxose sentir nas probas do Provincial escolar de campo a través, disputado no complexo deportivo A Magdalena, en Vilalba, coa participación de máis de 300 atletas. Os equipos lucenses lograron a vitoria en cinco das
oito probas de que constaba o programa de competición e coparon boa parte dos podios.

O seu liderado fíxose extensivo á clasificación por equipos, onde os dous primeiros en categoría alevín, infantil e cadete —en benjamín non hai competición a nivel galego— lograron o pase para o campionato de Galicia, que se disputará o próximo día 25 en Portas
(Pontevedra).

Ao podio benjamín subíronse Silvia López e Lucía Varela, dos Franciscanos, e Laura Fernández, da AD O Pilar, xunto a SantiagoLópez, do Ceip de Foz 1, Álvaro López (Franciscanos) e Xoel Trasancos (AD Santa Rita).

En categoría alevín as vitorias foron para Lucía López, dos Franciscanos, e Pablo da Igrexa, do Maristas, mentres que o podio completárono Luisa Manso-Pedrosa (Franciscanos), David Otero (ACD Xove), Sara López (Maristas) e José Fonseca (Franciscanos).

En alevíns lograron ademais o pase para o Galego Paula Castro- Gil, Ana Martínez, Claudia Graña, Elena Rei, Iria Freire, Iago López, Pedro Lastra, Francisco Lage, Guzmán Carril e Christian Otero.

A proba infantil saldouse cos triunfos de Ana Varela, dos Franciscanos, e Bruno Rodríguez, da Gándara de Monforte, escoltados no podio por Fátima Neira (Franciscanos) e Silvia Ferreiros (Triscos San José); Pablo Agustín Rodríguez (Maristas) e Antonio Souto (Lucus Caixa Rural).Tamén se clasificaron para o Galego Gael Jáuregui, Aarón Rivas, Alejandro López, Pablo Piñón, Samuel Orosa, Iria Causín, María Calvo, Noemí Carro, Ivilene Pereira e Carmen Gómez Usero.

Miguel González, dos Franciscanos, e Carla Galo, da AD Martínez Otero, foron os campións cadetes, seguidos de Nerea Martínez e Inés Branco, ambas do Lucus Caixa Rural, e de Adrián Ben e Iván Manso-Pedrosa, de Lucus e Franciscanos, respectivamente.

O resto de clasificados son Lara Curral, Rosalía Rodríguez-Gigirey, Lucía Núñez, María Rodríguez, Carmen Pérez, Ivo Maseda, Diego Felpeto, Noé Vila, Saúl Jáuregui e Adrián Diéguez.

Na entrega de trofeos estiveron o xefe provincial de Deportes, o delegado da Federación
Galega de Atletismo, o alcalde de Guitiriz e o concelleiro de deportes de Vilalba.

Máis información este luns na edición en papel de El Progreso.

Comentarios