O Lugo ficha o lateral Jilmar Torres e cédeo ao Andorra de Piqué

O xogador, de 25 anos, firma co equipo lucense por dúas tempadas
Jilmar Torres. FC ANDORRA
photo_camera Jilmar Torres. FC ANDORRA

O CD Lugo anunciou este venres que chegou a un acordo co lateral esquerdo Jilmar Torres para fichalo por dúas tempadas, cun contrato vixente ata o 30 de xuño de 2021. Con todo, o hispano colombiano non estará en Lugo esta campaña, na que xogará cedido no FC Andorra, club dunha empresa de Gerard Piqué.

O xogador, de 25 anos, chega "libre". Formouse nas categorías inferiores da UE Santa Andreu e despois deu o salto ao filial do Levante UD. Nas últimas tres tempadas defendeu a camiseta da UD Melilla, onde o Lugo asegura que "foi un dos laterais esquerdos máis destacados da Segunda División B". Nela seguirá competindo agora co Andorra.

Sobre a súa contratación, o entrenador do Lugo, Eloy Jiménez, indicou en rolda de prensa que é "unha fichaxe da dirección deportiva" e non entrou a valorala, segundo recolle Efe.

Comentarios