O CD Lugo cedeu este martes á SD Ponferradina ao centrocampista Guille Donoso, que xa defendera a camiseta do club berciano o pasado curso.
O equipo galego anunciou na súa páxina web o acordo coa Ponferradina, á que Donoso estará vinculado ata a conclusión da presente tempada.
O Lugo deséxalle "o maior dos éxitos e moita fortuna ao xogador nesta nova etapa que vai comezar".
Donoso foi incorporado polo Lugo a tempada pasada, na que, tras disputar seis partidos de Liga, todos como suplente, completou o curso coa Ponferradina en Segunda B.
Co conxunto berciano xogou 15 encontros, 14 como titular, e anotou tres goles.
De volta ao Lugo, o xogador asturiano, que ten 23 anos, non tivo minutos en LaLiga 1/2/3 esta tempada, na que si disputou catro encontros de Copa do Rei, un como titular.
O Lugo cede a Donoso á Ponferradina por segunda tempada consecutiva
O club lucense deséxalle "o maior dos éxitos e moita fortuna ao xogador nesta nova etapa que vai comezar"