viernes. 03.04.2020 |
El tiempo
viernes. 03.04.2020
El tiempo

O Lugo cede a Antón Escobar ao Coruxo

Antón Escobar conduce o balón ante o Real Madrid Castilla en Viveiro. PALEO
Antón Escobar conduce o balón ante o Real Madrid Castilla en Viveiro. PALEO
O dianteiro, que tiña ficha coa Polvorín, completará a tempada en club pontevedrés

O CD Lugo anunciou este xoves a cesión de Antón Escobar ao Coruxo, de Segunda División B.

O equipo de LaLiga SmartBank explicou nun comunicado que chegou a un acordo co conxunto pontevedrés para o préstamo do futbolista ata a conclusión da presente tempada.

Escobar, que estaba na Polvoreira, chegou a debutar esta tempada co primeiro equipo branquivermello en Segunda División no partido co Tenerife.

Nese choque, con Eloy Jiménez no banco lucense e que acabou con derrota (1-4), o dianteiro disputou os seis últimos minutos. 

O Lugo cede a Antón Escobar ao Coruxo
Comentarios