O Lugo aumenta a súa praga de baixas antes de xogar en Leganés

Pita e Hugo Rama son os últimos en caer lesionados para acurtar aínda máis as opcións de Rubén Albés para afrontar a liga. A volta antes de tempo de Carrillo, a boa noticia
Hugo Rama se dispone a tirar a puerta ante el Zaragoza. SEBAS SENANDE
photo_camera Hugo Rama se dispone a tirar a puerta ante el Zaragoza. SEBAS SENANDE

"Agora mesmo estamos un pouco curtos de efectivos e de posibilidades", lamentábase Rubén Albés tras o duelo ante o Zaragoza, no que perdeu a dous efectivos máis, Carlos Pita e Hugo Rama, aínda que recuperou a un José Ángel Carrillo que acurtou os prazos de recuperación da súa operación de pube para retornar co Lugo.

Os dous centrocampistas, pendentes de probas para ver a gravidade exacta das súas doenzas, súmanse á praga de baixas que arrasa ao equipo desde o principio da liga. Xunto a Pita e Hugo Rama están con distintos problemas físicos o porteiro Óscar Whalley (golpe enuna man), os defensas Alberto Rodríguez (pubalxia) e Pedro López (operación de cadeira), o centrocampista Juanpe (escordadura de nocello), Sebas Moyano (fractura no xeonllo esquerdo) e un David Mayoral que non acaba de estar ao cen da súa escordadura de xeonllo. Ademais, tamén pasaron pola enfermería xogadores como Iriome ou Canella, aínda que ambos están xa en estado óptimo.

"Pita foi baixa o día previo ao partido e iso continúanos minguando. Encima é un mes difícil porque ten moitos partidos e para equipos como o noso, que xogan cun nivel alto de emoción e de pernas necesitas que a xente estea a lume de biqueira. Traballaremos en buscar solucións para que consigamos os puntos".

A falta de vimbias obrigou a Rubén Albés a situar a xogadores fóra de posición ante o Zaragoza como solución de urxencia. Foi o caso de Campabadal, que se situou no centro do campo, á beira de Señé e por diante de Fernando Seoane. Tamén xogou fóra de sitio o retornado Carrillo, quen entrou para xogar en banda esquerda a pesar de que David Mayoral ou Joselu estaban na convocatoria.

"Acabamos con Campabadal de mediocentro porque calquera circunstancia que nos xorde limítanos. En banda esquerda xogamos cunha punta tirado fose para ver se podiamos conseguir a vitoria".

Recuperar ao persoal será clave nun momento importante para saír da zona baixa.

Comentarios