O Lugo anuncia a fichaxe de Alberto Rodríguez

O xogador canario firma por unha tempada fixa máis outra opcional tal e como anuncia o club
Cartel de bienvenida a Alberto Rodríguez. CD LUGO
photo_camera Cartel de benvida a Alberto Rodríguez. CD LUGO

O CD Lugo anunciou esta tarde unha nova fichaxe tras a incorporación hai dous días do porteiro Óscar Whalley. Alberto Rodríguez chega á cidade da muralla para reforzar o centro da defensa. O xogador canario firma por unha tempada máis outra opcional tras pasar satisfactoriamente un período de proba.

O central chega procedente da UD Tamaraceite, club no que militou durante 4 tempadas. Rodríguez viña dando un gran nivel en Segunda B e o Lugo ofrécelle a posibilidade de dar o salto ao fútbol profesional. Todo apunta que se incorporará en breves ao traballo ás ordes de Rubén Albés.

Comentarios