O partido aprazado de LaLiga SmartBank entre o Lugo e o Almería cambiou de data e disputarase o mércores 19 de xaneiro ás 21:00 horas, segundo confirmou nunha resolución o Comité de Competición.
Competición explica que "tal solicitude" dos clubes "vén motivada pola eliminación" do Almería da Copa do Rei, "circunstancia que leva aparellada a liberación dunha nova data máis próxima no tempo".
O encontro iba pechar a primeira volta de LaLiga SmartBank o 20 de decembro, pero un brote de covid no conxunto galego obligou a aprazalo