O Lugo, aberto á saída de Sebas Moyano fóra de prazo

O CD Lugo, a pesar de que o mercado de xogadores está pechado e de que inscribiu a Sebas Moyano en LaLiga SmartBank, non descarta a súa saída fóra de prazo, segundo explicou este mércores o secretario técnico do club, Manolo Mandiá.

Moyano chegou a proba no verán e asinou co club un contrato de tres tempadas o 7 de setembro, pero aberto a buscarlle unha cesión en Segunda B que non acabou callando. Agora, co mercado pechado, o Lugo non descarta a súa saída, tal e como manifestou Mandiá na presentación de Chris Ramos. "Estamos pendentes dun procedemento que pode permitir a cesión de Sebas. Aí tomarase a mellor decisión", asegurou sobre Moyano, de 23 anos.

Na súa comparecencia, o secretario técnico do Lugo asegurou que ao club non lle chegaron "ofertas concretas" polos futbolistas do equipo. 

Comentarios