O lucense Diego Ríos elixido mellor adestrador da tempada en fútbol sala

O mozo técnico do Levante F.S resultou o gañador dunha votación realizada polos capitáns e demais preparadores da primeira división española de futsal
Diego Ríos Gayoso. EP
photo_camera Diego Ríos Gayoso. EP

O lucense Diego Ríos Gayoso foi elixido mellor adestrador da tempada 2020-2021 tras unha votación realizada polos capitáns e demais técnicos da primeira división española de fútbol sala. Este titulo recompensa a gran tempada realizada co Levante onde o levou  a pelexar pola liga.

Tras pasar polo Azkar Lugo e O Parrulo Ferrol–conxunto ao que ascendeu á división de honra de fútbol sala– o novo preparador chegou á UD Levante FS fai un par de tempadas. Durante estes dous anos que leva no  banco blaugrana, Diego Ríos logrou os mellores resultados na historia do club valenciano cun sétimo posto na campaña 2019-2020 e un doloroso subcampeonato na 2020-2021, pois escapóuselles o título nos penaltis.  Aínda que, como premio de              consolación obtiveron unha histórica clasificación para a UEFA Champions Futsal ao quedar segundos.

Todo isto demostra que Diego Ríos é un adestrador cun futuro prometedor pero xa de moito presente.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios