Llorca impartirá un campus de baloncesto no Pazo en xullo

A inscrición permanecerá aberta ata o próximo seis de xullo
Un momento de la presentación
photo_camera Un momento de la presentación

O exxogador do Breogán Álex Llorca impartirá un campus de baloncesto o próximo verán no Pazo dos Deportes. O evento foi presentado este luns polo propio baloncestista, o vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, e o xefe provincial de deportes da Xunta, Manuel Otero.

Entre os próximos 11 e 17 de xullo, ensinarase aos nenos inscritos a xogar ao baloncesto, socializar con compañeiros e adestradores, mellorar as capacidades técnicas e psicolóxicas e deseñar un autoadestramento. Tamén se celebrarán competicións e xogos. Contarán con servizo de fisioterapia e seguimento individualizado en vídeo.

Os interesados poden inscribirse desde este luns ata o próximo seis de xullo, en réxime externo (só comida), semiexterno (comida e cea) ou interno (aloxamento completo). Aplicarase desconto aos irmáns.

Durante a presentación, Llorca entregou bolsas a deportistas da provincia co fin de incentivar a participación dos mesmos na actividade. As bolsas levan consigo descontos de ata un 50% do prezo de inscrición.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios