Llorca deixa o Breogán e vaise ao Fuenlabrada

O escolta catalán fai efectiva unha cláusula do seu contrato para incorporarse a un equipo da ACB
Llorca, en el entrenamiento del Breogán del pasado 1 de septiembre
photo_camera Llorca, en el entrenamiento del Breogán del pasado 1 de septiembre

Álex Llorca non xogará no Cafés Candelas Breogán a tempada 2015-16. O escolta catalán farao na ACB, nas filas do Fuenlabrada, salvo que xurda algunha complicación de última hora que impida a súa fichaxe polo conxunto madrileño.

Llorca fixo efectiva unha cláusula do seu contrato segundo a cal podía abandonar a disciplina do equipo lucense se contaba cunha oferta da liga ACB antes do día 15, como así foi. Este mesmo venres , o axente do xogador comunicoulle que o Fuenlabrada está interesado na súa fichaxe, polo que xa non disputou o amigable que o Breogán xogou no pavillón Municipal de Ribadeo ante o Leyma Coruña.

O adestrador do Breogán, Lisardo Gómez, confirmou a noticia e avanzou que o club busca substitución. "Xa estamos a buscar substitutos para Llorca no mercado. O perfil sería o dun ?tres?, un beirado alto con bo tiro", sinalou.

Comentarios