Lisardo: "Temos que saír desta depresión"

O técnico dos Cafés Candeas Breogán espera a chegada de fichaxes para cambiar de rumbo
Lisardo Gómez abandona la pista del Pazo tras un partido
photo_camera Lisardo Gómez abandona la pista del Pazo tras un partido

Gañar e saír dunha depresión demasiado profunda. Lisardo Gómez ten clara a receita para mellorar o ánimo colectivo, impulsar a moral e con ela os resultados dun Breogán que debe crecer na LEB Ouro. A primeira pílula contra o actual desalento pode chegar o martes (18.00 horas) cun triunfo en cancha do actual pechacancelas, o Força Lleida.

"Agora mesmo non vexo máis aló deste partido aínda que non esteamos nas mellores condicións para saír desta depresión que temos e intentar ir para arriba. Estou convencido de que agora mesmo o que nos vai a custar máis é arrincar, pero tamén o estou de que se conseguimos recuperar xente e, sobre todo, traer a xente que nos axude, o equipo terminará indo para arriba e seremos un equipo moi temible a final de tempada", afirmou o luns Lisardo Gómez.

«Teño fe e estou confiado en que o equipo, en canto colla a dinámica e a directa, irá para arriba. Non se se no play off seremos o equipo máis perigoso pero se chegamos nunha boa dinámica non creo que ninguén queira ter ao Breogán enfronte, sexa con vantaxe campo ou non. Pero temos que arrincar e empezar a gañar», engadiu.

O técnico lucense non considera un «desastre» o perder na cancha do Lleida, pero tamén afirma que é imprescindible gañar de novo para non perder distancia coa zona de play off. «Perder en Lleida non sería un desastre. é un partido moi importante porque temos que pensar en colocarnos nunha posición de play off e perder en Lleida, co calendario que nos vén, poderiamos perder distancia aí. Temos que agarrarnos como sexa para ir sacando posicións. Temos que intentar ser positivos porque se gañamos podemos ter unha boa serie, como na primeira volta, e escalar moitas posicións», declarou o preparador breoganista.

Dar continuidade á mellora defensiva vista ante Navarra pode ser unha solución para saír da crise de xogo. «Estamos nunha situación na que non damos sacado a cabeza pero temos que sobrepornos a todo iso e metelas cando temos que facelo. O outro día melloramos moito o nivel defensivo pero temos que ser todos e non só algúns», afirmou Lisardo. «Necesitamos algo máis. Ao nivel que se nos presupón certas canastras e certos tiros temos que anotalo senón é complicado».

A chave para gañar na pista do pechacancelas da LEB estará no xogo interior. «A clave pode estar en que os cinco interiores do Lleida máis Andújar, que estará posteándonos todo o intre, cargarán moito o xogo interior. Intentaremos que nos salgan ben as defensas que temos preparadas», valorou antes de engadir que «se podemos pasar a Osvaldas ao catro eles cargarannos con Andújar ao poste baixo co que a defensa interior será importante e obrigaranos en moitas ocasións a dobrar defensas. Se estamos a nivel de concentración, dureza e intensidade de Navarra e un pelín máis acertados teremos opcións de gañar».

Traxectoria Se chegamos en boa dinámica ao play off non creo que ninguén queira ter ao Breogán enfronte con vantaxe de campo ou non» Próximo partido Perder en Lleida non sería un desastre, pero poderiamos perder distancia co play off» Claves en Lleida Se estamos a nivel de concentración, dureza e intensidade de Navarra teremos opcións de gañar»

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios