Lisardo: "Esta sangría por dentro non pode seguir"

O adestrador do Breogán afirma que o rival castigou "cada erro noso". Pola outra banda, o adestrador do Coruña revela: "non nos descompuxemos cando saíu o carácter do Breogán"
Lisardo Gómez junto a su equipo en el partido contra el Leyma Coruña
photo_camera Lisardo Gómez junto a su equipo en el partido contra el Leyma Coruña

Lisardo Gómez non puxo reparos ao triunfo do Leyma Coruña. "O encontro desde logo non se pareceu en nada ao que nós queriamos. Castigaron cada erro noso e na primeira parte fixéronnos un dano terrible desde dentro. A Olmos na primeira parte non puidemos paralo. Despois Wright estivo mellor en defensa e isto permitiunos meternos no partido pero volvemos ter problemas. Tomamos malas decisións e fallamos ao final tiros liberados". O técnico do Breogán entende que o seu equipo "ten que ser moito máis incisivo, non empecinarnos nos lanzamentos triplos como facemos ás veces e tamén temos que ser máis agresivos".

Con respecto á debilidade mostrada unha vez máis polo xogo interior do seu equipo, Lisrdo Gómez recoñeceu que é unha circunstancia que se repite. "Só hai que repasar un pouco os nosos partidos, é un debe noso o que nos maten desde dentro. Estamos a traballar moito nisto, pero nos partidos non facemos o que adestramos. Haberá que exporse cousas porque esta sangría non pode continuar", dixo.

"O parón na liga vainos a vir ben", comentou o adestrador do Breogán quen falou dun futuro "no que temos que gañar moitos partidos para non tirar a tempada. Para ser un equipo necesitamos dez xogadores e agora mesmo hai catro ou cinco, o resto non está ao cen por cento", asegurou.

Tito Díaz, adestrador do Coruña: "Non nos descompuxemos cando saíu o carácter do Breogán"

O Coruña supera aos Cafés Candeas Breogán nun triunfo na táboa, o que en realidade son dúas polo average. De todos os xeitos, Perico Díaz non quere adiantar acontecementos con respecto ao futuro do seu equipo. "O primeiro que queremos é estar fóra do descenso e logo mirar para os play off. Esta Liga é así, non te podes durmir e queriamos recuperar a derrota que sufrimos a pasada xornada ante o Ourense. Gañar mantennos lonxe do descenso e tamén manteñen viva a ilusión de chegar aos play off".

O técnico lucense cualificou o enfrontamento de "bonito a intres e con moitos puntos" e engadiu que o seu equipo "dominou o ritmo". "Na primeira parte baseámonos nos nosos pivotes. Na segunda saíu o carácter do Breogán para remontar e aí é onde mellor estivemos porque non nos descompuxemos".

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios