Lezkano: "Foi un partido marcado polo inicio"

O adestrador do Cafés Candelas Breogán asegurou que o Leyma Coruña estivera "mellor" que os lucenses
Natxo Lezkano, en un encuentro de esta temporada
photo_camera Natxo Lezkano, en un encuentro de esta temporada

O adestrador do Cafés Candelas Breogán, Natxo Lezkano, asegurou este martes tras o encontro que o inicio do mesmo fora decisivo. "Foi un partido moi marcado polo inicio. Eles estiveron claramente mellor ca nós. Fomos a remolque practicamente toda a primeira metade e intentamos non perder a cara nunca e afortunadamente a desvantaxe non era tan grande como para que o Leyma sentenciase. O terceiro cuarto noso foi bo, moi bo. Metémonos de cheo no partido e estivemos aí ata os últimos minutos no que nos fixeron un parcial no que non soubemos nin puidemos responder. Tivemos perdas de balón en momentos clave", indicou.

O técnico do equipo lucense reiterou as dificultades do duelo e insistiu no igualada que está a competición. "Non nos deixaron anotar fácil, faltounos frescura. Tivemos que facer rotacións en momentos clave. Eles tamén estiveron moi ben no xogo exterior con homes que non eran especialistas no tiro. Agora mesmo é deixar a ninguén atrás. A competición está igualadísima", dixo.

TITO DÍAZ Técnico do Leyma Coruña
"Sorprendémolos coa nosa agresividade e o noso ritmo"

O adestrador do Leyma Coruña, Tito Díaz, mostrouse contento co triunfo tras cualificar o duelo como un partidazo. "Foi un partidazo. Viuse un moi bo partido tanto dentro como fóra da pista. Un bo día para o baloncesto galego. Un espectáculo na bancada e un encontro de baloncesto moi grande. Nós dominamos na primeira parte, sorprendémolos coa nosa agresividade defensiva e o noso ritmo. Collemos quince puntos de vantaxe, pero o Breogán é un grande e demostrárono no terceiro cuarto. Salva Arco, Josep Franch leváronos a porse seis puntos arriba, pero cando peor estabamos sacamos a caste e o orgullo. Volvemos a defender moi ben e tivemos moito acerto. É unha vitoria merecida ante un gran rival", sinalou.

O técnico do equipo coruñés destacou o gran terceiro cuarto realizado polo equipo lucense. "No terceiro cuarto, o Breogán xogou moi ben. Sacaron o carácter e sorprendéronnos. Por sorte, o meu equipo estivo nese momento sólido e logramos volver ao partido cando máis difícil se estaba pondo. Quero felicitar ao Breogán, á súa afección e á miña afección porque vibrei nun partido coma este", terminou o adestrador.

Comentarios