Lezkano: "Non podemos deixar correr ao Zaragoza"

O adestrador do Breogán di que lle gustaría contar con Jordan toda a tempada e descarta a Arco e Kinsey para este partido

Natxo Lezkano. MEDIA CENTER ACB
photo_camera Natxo Lezkano. MEDIA CENTER ACB

Natxo Lezkano, adestrador do Cafés Candels Breogán, destacou do seu próximo rival, o Tecnyconta Zaragoza, a súa "boa dinámica" e o seu xogo a domicilio.

"Está en boa dinámica, xoga moi ben fose de casa, a un ritmo moi alto e non podemos deixarlles correr nin que anoten puntos fáciles", comentou en rolda de prensa. Apuntou que o equipo maño "ten moi boas individualidades, xente que coñece ben a liga e outros mozos", algo que considerou "unha combinación moi boa".

Destacou, ademais, que conta cun "moi bo adestrador", Porfirio Fisac, engadiu que "se agarra ben aos partidos", e dixo que o conxunto aragonés terá este partido "marcado en vermello no calendario". Do seu equipo, indicou que debe "mellorar sobre todo o acerto, que é o menos entrenable de todo".

"Hai que ser máis consistente nos tiros e atopar o ritmo que nos convén en cada partido, melloramos moito niso, no aspecto defensivo e o rebote. O máis preocupante é o acerto", insistiu.

Unha das bazas do equipo galego é a "comuñón entre equipo e bancada", que está a axudar aos lucenses a "gañar" partidos. "A xente estallo pasando moi ben, nós estamos a gozar na pista, teño chamadas de todos os sitios preguntándome que pasa en Lugo, que a xente o está pasando fenomenal. Estou seguro que moita xente quere vir de fóra a ver o que pasa aquí e iso fainos sentir moi cómodos e afortunados por xogar aquí", advertiu.

Respecto ao futuro dun dos seus xogadores, Jerome Jordan, que conta cun contrato temporal, explicou que lle gustaría "que continuase" no equipo porque o está facendo ben" e está "adaptado" ao estilo do Breogán.

Confirmou que ademais das baixas de longa duración non poderá contar o domingo con Salva Arco e Kinsey e anunciou que mentres ao segundo espera telo para a seguinte cita, ao primeiro, en función de como "responde á infiltración que lle van a facer", podería chegar para dentro de dúas.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios