jueves. 09.04.2020 |
El tiempo
jueves. 09.04.2020
El tiempo

Leuko, sancionado con dous partidos pola súa expulsión ante o Estremadura

Leuko, no partido desta tempada ante o Deportivo. SEBAS SENANDE
Leuko, no partido desta tempada ante o Deportivo. SEBAS SENANDE
A xogada na que o xogador do Lugo viu o cartón vermello forma parte do informe que o club remitirá á RFEF en protesta pola arbitraxe desta fin de semana

O Comité de Competición da Federación Española de Fútbol (RFEF) impuxo dous encontros de sanción ao defensa do CD Lugo Serge Leuko pola súa expulsión o pasado sábado ante o Estremadura UD.

O lateral internacional camerunés viu a vermella cando estaba no banco tras ser substituído por lesión. Concretamente, o colexiado Ocón Arráiz expulsouno por "protestar de forma ostensible ao árbitro asistente N1,saíndo do banco, nos seguintes termos: O tempo, está a perderse moito tempo, sendo advertido polo árbitro asistente para que ocupase o seu lugar no banco e cesasen as protestas, facendo caso omiso a estas indicacións continuando coas mesmas".

Esta xogada, xunto coas expulsións de Curro Torres e Roberto Fernández, un penalti reclamado polo Lugo e, sobre todo, o gol en fóra de xogo de Álex Alegría que lle deu a vitoria ao Estremadura, estarán o informe que o club branquivermello entregará á Real Federación Española de Fútbol (RFEF) como medida de protesta polo que a entidade considera unha actuación arbitral prexudicial.

Leuko, sancionado con dous partidos pola súa expulsión ante o...
Comentarios