O Leite Río Breogán ficha ao escolta estadounidense Elijah Brown

Ten 25 anos, mide 1,93 metros, e chega para suplir a baixa de Ahonen
Elijah  Brown
photo_camera Elijah Brown. EP

O Leite Río Breogán refórzase para o tramo final de tempada co escolta Elijah Brown (1,93 metros, 25 anos). Trátase dun xogador estadounidense que esta campaña militou no baloncesto italiano, no Rieti da segunda categoría. Na anterior xogou en Lituania, no Dzukija Altyus, onde coincidiu con Dago Pena.

No Rieti xogou 15 partidos, cunha media de 28.1 minutos en pista, nos que promedió 14,7 puntos cun 32,9% en triples e un 85,5 en tiros libres. Ademais, presenta unha media de 4,5 rebotes, 2.9 asistencias e 0,9 roubos por encontro.

Ten prevista a súa chegada a Lugo este venres e o domingo realizará o seu primeiro adestramento ás ordes de Diego Epifanio. Non estará no amigable que o Breogán disputará este venres en León ante o Estudantes da liga ACB. Elijah Brown é fillo de Mike Brown, exjugador e adestrador da NBA.

Tito Díaz, director xeneral do Breogán, comentou a súa fichaxe: "É un xogador ao que seguiamos desde hai tempo tivemos sorte de que coincide o seu corte coa nosa necesidade. Seguiremos atentos ao mercado ata o último día por se aparece algo que pode mellorar o que hai", dixo.

O Leite Río Breogán vén de alcanzar a cifra de 4.000 abonados, o seu récord na LEB Oro

Ademais, destacou o feito de que o Breogán alcance a cifra de 4.000 abonados, marca do club na LEB Oro. "A afección ten un papel moi importante. Debemos ser sólidos no Pazo e dar algún machadazo a domicilio. Non renunciamos a nada e seguimos traballando en novos patrocinadores".

O xogador chega para suplir a baixa do finlandés Roope Ahonen, que se lesionou no partido que o equipo lucense perdeu na pista do Oviedo o pasado 25 de xaneiro. Ahonen foi operado o pasado martes no Hospital Polusa e estará de baixa o que resta de tempada.

Ahonen era o xogador máis utilizado por Diego Epifanio con máis de 21 minutos de presenza na cancha por encontro. Ademais era o segundo máximo anotador do equipo, tras Dago Pena, e o mellor triplista. O escolta levaba anotados, en 18 encontros, un total de 41 canastras de tres puntos para o que necesitou 89 lanzamentos o que significa unha alta porcentaxe de acertos (46%).

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios