O Leite Río Breogán arroia ao Ourense (81-54) tras unha gran segunda metade

Iván Cruz brillou con 20 puntos e 10 rebotes
Larsen intenta superar a un rival. XESÚS PONTE
photo_camera Larsen intenta superar a un rival. XESÚS PONTE

O Leite Río Breogán superou ao Ourense por un rotundo 81-54 no seu segundo partido de pretemporada, que ademais foi o primeiro da Copa Galicia.

Tras chegarse ao descanso con 33-32, o equipo lucense abriu oco no terceiro cuarto, que finalizou con 58-44, para sentenciar nos dez minutos finais, nos que mostrouse moi superior ao seu rival.

Iván Cruz, con 20 puntos e 10 rebotes, foi o xogador máis destacado do encontro. Sollazzo acabou con 18 puntos.

Ficha técnica
81. Leite Río Breogán (18+15+23+25): Erik Quintela (7), Kacinas (6), Sergi Quintela (2), Sollazzo (18), Larsen (6) -quinteto inicial-, Mateo Díaz (2), Soluade (8), Mateo Sánchez, Alejandro Rivas (2), Arco (3), Aboubacar (7) e Iván Cruz (20).
54. Ibereolica Ourense (15+17+12+10): Mikel Uriz (8), Manuel Vázquez (4), Mazaira, Navarro (11), Joseph (6) -quinteto inicial-, Menzies, Joan Tomás 811), Massine Fall (4), Van Wijk (5) e De Sousa (5).
Árbitros: Lema, Martín e Piñeiro.
Incidencias: Encontro disputado no Pazo dos Deportes a porta pechada.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios