sábado. 22.02.2020 |
El tiempo
sábado. 22.02.2020
El tiempo

Leche Río volverá a dar nome ao Breogán

Leche Rio, en la camiseta de la temporada 2009-2010. ARCHIVO
Leche Rio, en la camiseta de la temporada 2009-2010. ARCHIVO

O grupo lácteo convértese de novo no principal patrocinador. Cafés Candelas sigue colaborando co club 

Leche Rio volverá ser o patrocinador principal do Breogán. O grupo lácteo dará nome ao club na nova tempada en LEB Ouro.

"O Club Baloncesto Breogán e o Grupo Leche Río S.A. chegaron a un acordo mediante o cal o grupo lácteo convértese no patrocinador oficial do equipo e dá un paso máis no seu constante e forte respaldo ao deporte en Galicia e, en particular, ao Breogán, club ao que leva décadas apoiando intensamente, sendo un dos patrocinadores máis lonxevos do baloncesto español", indica o club nun comunicado.

O club e a empresa celebraron diversas reunións nas últimas datas e Leche Rio tamén acudirá á ampliación de capital que ten en curso o Breogán.

A entidade tamén quere agradecer a Cafés Candelas a súa etapa como patrocinador principal durante catro tempadas. A empresa cafeteira seguirá apostando polo club e sendo un dos seus principais sponsors.

Leche Río volverá a dar nome ao Breogán