Leccións á hora de correr

LECIONEShoracorrerELP2702P61F11.JPG
photo_camera LECIONEShoracorrerELP2702P61F11.JPG

O campionato galego de campo a través escolar celebrado o pasado sábado nas inmediacións da antiga azucreira do Concello de Portas (Pontevedra) tivo un marcado sabor lucense. Das seis categorías por conxuntos das que contaba o evento, os equipos lucenses se alzarron co triunfo en tres delas. Ademais, os atletas alevíns Pablo de la Iglesias (Maristas) e Lucía López (Franciscanos) lograron vencer de xeito individual nas súas respectivas carreiras.

Mención especial merece o conxunto do Colexio Franciscanos, que foi unha vez máis o equipo máis laureado da competición ao ser o único que conseguiu triunfar en dúas categorías por equipos: dadete masculino (Iván Manso, Ivo Maseda, Miguel González, Adrián Diéguez, Miguel Escarda e Saúl Jáuregui) e infantil feminino (Fátima Neira, Ana Varela, Carmen Gómez, Andrea García, Carlota Irimia e Iria Escarda), ademais de obter un terceiro posto na categoría de alevín masculino (José Fonseca, Pedro Lastra, Guzmán e Nicolás Carril, Hugo Martínez e Pablo Tomé).

A nivel individual logrou dúas medallas, o xa mencionado ouro de Lucía López na categoría alevín feminino, e o bronce na categoría cadete masculina a cargo de Iván Manso.

Pola súa banda, o Colexio Maristas venceu na categoría de alevín masculino co equipo formado por Pablo de la Iglesia, Christian Otero, Manuel Arias, David López, Jacobo de la Iglesia e Javier Reigosa, ademais do ouro de xeito individual de Pablo de la Iglesia.

O terceiro equipo lucense en conseguir premio, o San Fernando Lucus Caixa Rural, logrou subir ao terceiro chanzo do podio na categoría infantil masculina con Antonio Souto, Alejandro López, Antón Freire, Pablo Méndez, Gabriel Ces e Denís Branco, empatado a puntos co Colexio Franciscanos, que foi cuarto nesta categoría cun equipo formado por Gael Jáuregui, Pablo Piñón, Santiago Real, Tomé Maseda, Daniel Ferreiro e Héctor Rodríguez; da mesma xeito que en alevín feminino co equipo formado por Lucía López, Luisa Manso, Ana Martínez, Valeria Arias, Antía Lage e Paula Abelleira.

Comentarios