As princesas de Lugo

copa06_b[1]-001.jpg
photo_camera copa06_b[1]-001.jpg

O poderío que o Emevé está a demostrar na competición de Liga volveuno a pór de manifesto este domingo ao conquistar con claridade cópaa Princesa, competición que disputan os catro mellores da primeira volta na segunda categoría do voleibol feminino español. A vítima das lucenses foi o Torrelavega, que caeu por 3-0 na final disputada este domingo en Miranda de Ebro.

As lucenses, que o sábado, na semifinal, desfixéronse do Volley is Life (3-1), non cederon esta vez ningún set e despacharon ás cántabras en preto dunha hora e cuarto.

As de Torrelavega pagaron o apertado partido disputado o sábado contra o Covadonga (3-1) e iso notouse no primeiro parcial da final, que o Emevé levou en 19 minutos por 25-14.

Máis apertados resultaron o segundo e os terceiro sets, gañados polas lucenses polo mesmo marcador (25-22). María José Garrido, con 18 puntos, foi a máxima anotadora do choque que proporcionou ao seu equipo a súa primeira Copa Princesa.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios