A Vuelta quere un final de etapa en Lugo

A rolda española ten previsto un inicio en 2016, con cinco xornadas en Galicia
Vinokourov celebra su triunfo en Lugo en la Vuelta 2006
photo_camera Vinokourov celebra su triunfo en Lugo en la Vuelta 2006

Os organizadores da Vuelta ciclista a España 2016 quere que a cidade de Lugo albergue o final dunha das cinco etapas coas que se dará o pistoletazo de saída á rolda española no mes de agosto.

Os Ancares foron os protagonistas as dúas últimas veces que a Vuelta pasou por Lugo, sobre todo na edición de 2014, carreira que se decidiu nunha subida por Pando Zarco que encumbró a Alberto Contador. Pero esta vez, os organizadores queren un final de etapa na capital provincial.

O pasado 21 de setembro, o portavoz do PP no concello, Jaime Castiñeira, criticou que a alcaldesa, Lara Méndez, non aceptase a oferta realizada por Nava Castro, directora Xeral de Comercio, para que Lugo fose saída ou meta dunha etapa da Vuelta.

Unipublic, entidade organizadora da rolda española, ofrece a saída dunha etapa a cambio de 30.000 euros, mentres que a chegada, que é o que lle interesa neste caso aos organizadores, custaría  90.000. A cambio, a firma entende que o impacto económico na cidade por acoller o final de etapa chegaría aos 300.000 euros.

A outra opción que manexan os organizadores da Vuelta é que a etapa se inicie ou termine nunha localidade da provincia, pero para iso necesitan negociar coa Deputación, algo complicado nestes momentos, dada a situación de cambio de goberno no ente provincial.

O que é seguro é que a Vuelta 2016 será en Ourense, haberá dúas etapas na provincia da Coruña, unha delas con final en Ézaro, e outra na de Pontevedra. ás que a organización espera engadir outra na provincia de Lugo.

A  última vez que a capital provincial acolleu un final de etapa da Volta foi en 2006, unha xornada con final na Avenida de Madrid na que se impuxo o kazako Alexander Vinokourov tras un poderoso ataque.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios