A vida baixo o traveseiro

_01E0682-1.JPG
photo_camera _01E0682-1.JPG

Roberto Valeiro nunca colgará as luvas. A area das praias de cinco continentes e o céspede de boa parte das catedrais do fúbol patrias foron testemuñas mudas das aptitudes baixo os tres paus do meta herculino. O subcampión do mundo e bicampión de Europa de fútbol praia devolve agora parte da débeda que contraeu co esférico.

Baixo o amparo do Club Deportivo Lugo creou a Escola de Porteiros. Unha idea creada baixo unha concisa promesa: mellor as condicións naturais de gardametas entre os 6 e os 18 anos. «Non había xente especializada na formación de porteiros. Esistía un oco na súa preparación e aos porteiros esíxeselles na actualidade moitas máis situacións que a simple parada dun balón», explica o ex porteiro branquivermello ata o 2008.

«Falei co director deportivo do Club Deportivo Lugo, Carlos Mouriz, e propúxenlle a creación da escola. Él estivo de acuedo desde o primeiro momento e ofreceunos a oportunidade de dispor dunhas excelentes instalacións sen as que este proxecto non se podería levar a cabo», confesa.

Esta iniciativa ten lugar dúas veces por semana. As clases de perfeccionamento e especialización, dirixidas ás categorías infantil, cadete e xuvenil celébranse os luns de 18.00 horas a 19.30 horas e os xoves de 16.30 horas a 18.00, mentres que as sesións preparatorias de iniciación serán os xoves nun horario que abarca de 19.30 a 21.00 horas. O Campo das Gándaras 2 albergará esta academia de metas durante toda a tempada.

Inscritos

A Escola dispón xa dunha ampla lista de inscritos, a pesar de contar con semanas de vida. «Temos a 23 rapaces connosco. Aínda que son todos da capital, a inscrición esta aberta a todos os xogadores da provincia que ocupen esta demarcación no campo», explica.

Roberto Valeiro é licenciado en Inef e posúe o título nacional de nivel 3 de adestrador de fútbol. A súa cualificación profesional será un dos factores determinantes na formación dos futuros xogadores.

«O traballo físico cos porteiros debe ser específico posto que o seu esforzo, nas xogadas nas que lle toca intervir, está entre o 95 e o 100%. Polo tanto se lles fas completar 25 minutos de carreira continua non lles vai a servir para mellorar a súa preparación», testemuña o director do proxecto.

O aspecto psicolóxico é outro dos factores a tratar na Escola.

«A responsabilidade dos gardametas é maior que a dos seus compañeiros. Un dianteiro pode fallar varias ocasións claras e se mete unha esquécese o resto pero os porteiros se fallan unha vez poden converterse no centro de todas as críticas. A presión é moi grande, por iso tamén axudamos aos rapaces a defenderse ante estas situacións», aclara Roberto Valeiro.

Perfil deportivo: Bicampión de Europa na area

Roberto Valeiro proclamouse bicampión de Europa e subcampión do Mundo de fútbol praia coa selección española. Quique Setién, técnico do Lugo, foi compañeiro no combinado nacional.

O mellor porteiro do mundo de fútbol praia

A FIFA nomeouno en 2008 como o mellor porteiro do mundo na especialidade de fútbol praia.

Ao longo dos seus 36 anos, Roberto Valeiro viviu diferentes etapas na súa traxectoria profesional. O gardameta herculino comezou o seu periplo baixo os tres paus na súa terra. Ural e Español foron as dúas primeiras porterías que defendeu o cérbero de 1,93 metros. O Compostela foi o seu seguinte destino, ao que seguirían o Rácing Vilalbés e o Grove. Foi neste último conxunto das Rías Baixas onde os observadores do Club Deportivo Lugo viron nel a un xogador de probada. Así, a campaña seguinte o equipo branquivermello incorporouno ao seu primeiro persoal onde se mantivo ata o 2008. No Ordes colgaría as luvas para dirixir ao cadro coruñés durante a campaña pasada.

Comentarios