A sala de máquinas do derbi

Mis imágenes2.jpg
photo_camera Mis imágenes2.jpg

Os xogadores do Azkar Lugo Raúl García, ‘Cuco', e do Burela FS Jorge Matamoros son dous dos emblemas dos seus equipos. Ambos, esenciais na creatividade dos seus respectivos conxuntos, poden ser decisivos na resolución do derbi provincial de Primeira División de fútbol sala que terá lugar o vindeiro sábado (18.30 horas) no pavillón Vista Alegre de Burela.

Tanto un como outro, ademais da súa responsabilidade de cara ao gol, teñen claro o que hai en xogo o sábado: o Burela ten a esixencia de xogar os play off e o Azkar, a idea de non relaxarse e pensar en avanzar o máximo posible na clasificación.

AFECCIONADOS
O Azkar organiza unha viaxe a Burela

O Azkar Lugo FS e as súas peñas organizan unha viaxe de afeccionados de cara ao derbi do sábado ante o Burela FS. Os afeccionados que desexen inscribirse poden facelo ata antes das 14.00 horas de mañá nas oficinas do club (Centro Deportivo Terra). O autocar partirá o sábado ás 16.00 horas desde o Centro Deportivo Terra e tras o encontro regresará á capital lucense. A viaxe en autocar é gratuíta e a entrada para o partido correrá por conta do afeccionado. 

Consiga AQUÍ a información completa

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios