A primeira vitoria a través da posesión

Pablo Sánchez. (Foto: Sebas Senande)
photo_camera Pablo Sánchez. (Foto: Sebas Senande)

O balón no centro da batalla mentres dous irmáns loitan polo mesmo tesouro nunha guerra cainita. Posesión, toque, xogo por dentro e facer dano antes que buscar un ataque preventivo. Esas serán as pautas do duelo de hoxe no Miniestadi (21.00 horas, Esport3.cat) entre o CD Lugo e o Barcelona B.

Esta escaramuza será dirixida por dous estrategos coñecidos. Dous técnicos xurdidos nun tempo idéntico e baixo a cosmovisión futbolísitica compartida. Quique Setién e Eusebio Sancristán tomaríanse unhas pintas de cervexa se houbese terceiro tempo. Pero isto é fútbol, e non hai momento para facer amigos, senón que o que conta é gañar.

Para iso, os dous sacarán as súas pezas ao céspede barcelonés e idearán unha partida complexa, na que a loita pola posesión dirimirá ao triunfador final. Nin branquivermellos nin blaugranas negociarán a súa posta en escena. Non especularán nin se atrincheirarán míseramente. O seu fútbol imporá unha loita por ocupar o campo contrario.

Consiga AQUÍ a información completa

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios