A falta de tino frea ao Vilalbés na Magdalena

O Rácing Club Vilalbés estreou onte a súa marcadora de puntos na súa estrea ligueira ante o Cultural Areas tras empatar (1-1) un disputado encontro no que o conxunto da capital chairega tivo que nivelar o temperán gol do visitante Máikel e logo desperdiciou ata media ducia de claras ocasións para bater á meta Samu e selar así o seu primeiro triunfo no campo da Magdalena, que onte presentaba un terreo de xogo espectacular cun céspede totalmente renovado.

O partido foi unha constante toma e daca entre os dous equipos, que aínda faltos de ton físico, repartíronse por igual o dominio e a iniciativa do xogo. O Rácing Vilalbés saltou ao céspede totalmente ecorsertado e moi nervioso, o que propiciou numerosas impreciones no pase e falta de fluidez no seu xogo. Mentres, o Cultural Areas, moito máis enchufado na contenda, non tardou en rendibilizar en goles esta apatía ao transformar Máikel un penalti cometido por Borja sobre Nandi cando se presentaba só ante a meta defendida onte por José Ángel.

O gol semellou espolear os ánimos dos pupilos de Charly, que aos poucos se desperezaron e chegaron con perigo ás inmediacións da área do Cultural Areas, pero sen continuidade no seu xogo ofensivo. Así, os debutantes Adrián e Riki, con gran mobilidade e desenvoltura na parcela ofensivo, xeraron boas ocasións ante a meta de Samu, pero non chegaron a materializalas, do mesmo xeito que tampouco fixo Dani, quen puxo a proba á meta pontevedrés con varios disparos afastados.

A entrada de Nico e Make aos poucos minutos da continuación variou por completo o guión do partido e o Vilalbés incrementou o seu acoso á área rival, unha maior vocación ofensiva que pronto aproveitaría Omar para sumar o gol da igualada a porta baleira tras unha espectacular xogada de Make na que tamén fallou o gardameta Samu.

O gol deu ás ao Rácing Vilalbés, que non rexeitou no seu empeño de buscar a vitoria, pero tal perseveranza non achou recompensa algunha pola falta de puntería dos seus dianteiros. Así, incluso no último supiro do encontro, Nico marró un claro man a man ante a meta Samu cando o público xa saboreaba a vitoria.

Comentarios