A defensa é a mellor receita

Álex López conduce un ataque ante David Navarro, del River Andorra. Foto: J. VÁZQUEZ
photo_camera Álex López conduce un ataque ante David Navarro, del River Andorra. Foto: J. VÁZQUEZ

Unha semana de descanso logo de dúas derrotas consecutivas pode ser unha boa terapia para o CB Breogán. As dúbidas sobre se o seu efecto foi positivo ou non se despexarán de inmediato, o venres ás 21.00 horas, porque o retorno á competición leva aos breoganistas á cancha máis difícil que queda por visitar esta tempada na LEB Ouro, a do polideportivo O Plantío de Burgos.

Para o escolta do conxunto lucense Álex López non hai dúbida de que «este ano non houbo parón en Nadal e veunos moi ben ter agora tres ou catro días para recargar as pilas e para afrontar con máis gañas o que vén».

E é que aínda que as dúas últimas derrotas afastan, case definitivamente, ao Breogán da loita pola primeira praza, e o ascenso directo á ACB, o xogador canario asegura que tanto el como os seus compañeiros manteñen a ambición ao máximo.

  • Nemanja Milosevic exponse xa deixar o Ford Burgos. O Consello Superior de Deportes segue sen pronunciarse sobre o recurso presentado polo Ford Burgos (CB Tizona) para que lle sexa devolta a licenza ao seu xogador Nemanja Milosevic. No club castelán, logo de 40 días desde que se iniciou o proceso, consideraban antonte como a data límite para a resolución do CSD, pero esta non se produciu ao parecer porque as alegacións presentadas alargan os prazos previstos inicialmente.
  • O Andorra sonda a Dani López para substituír a Schreiner. O River Andorra podería pechar hoxe a contratación da base exbreoganista Dani López como substituto do lesionado Thomas Schreiner. O xogador negocia a rescisión do contrato co seu actual equipo, o Falcóns de Xalapa mexicano.

Consiga AQUÍ a información completa

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios