martes. 17.05.2022 |
El tiempo
martes. 17.05.2022
El tiempo

A Copa de Xermade arrinca este sábado cunha fase previa

A Copa de Fútbol Concello de Xermade, denominada desde hai uns anos Memorial Manuel González, promotor desta competición local, inicia este sábado unha nova edición coa disputa da primeira eliminatoria para determinar que equipo xermadés será o cuarto semifinalista.

Esta rolda previa disputarana o Cazás e o Roupar, no campo de Catro Ventos. O vencedor medirase o sábado 10 ao Momán, nun partido que se celebrará no estadio da Veiga. A outra semifinal será o domingo 11 en Xermade e nela enfrontaranse o equipo local contra o Cabreiros.

Consiga AQUÍ a información completa

A Copa de Xermade arrinca este sábado cunha fase previa
comentarios