A conxura da badalada

O Burela FS Pescados Rubén parte cara a Cidade Real para medirse ao poderoso Inter Movistar nos cuartos de final da Copa de España. A expedición burelense quere tombar ao campión e máximo favorito do torneo
Los jugadores del Burela FS, antes de comenzar el entrenamiento de este martes, en el Vista Alegre.
photo_camera Los jugadores del Burela FS, antes de comenzar el entrenamiento de este martes, en el Vista Alegre.

O Burela FS Pescados Rubén realizou onte o seu último adestramento no pavillón Vista Alegre, antes de partir hoxe cara a Cidade Real, onde mañá disputará o primeiro partido da súa historia nunha fase final da Copa de España. A expedición laranxa partirá coas maletas cargadas de ilusión, pero tamén co coñecemento da dificultade que entraña o seu partido dos cuartos de final ante o Inter Movistar, actual campión do torneo e máximo favorito, segundo as quinielas, entre os oito que se darán cita no torneo.

O choque entre burelenses e madrileños será o segundo da xornada inicial, que se abrirá co duelo El Pozo Murcia-Jaén Paraíso, ás 19.00. O encontro do equipo laranxa está programado para as 21.15.

O persoal laranxa viaxará ao completo, aínda que Isi non poderá axudar aos seus compañeiros desde a cancha debido a unha luxación de ombreiro que o terá apartado ao redor dun mes das canchas. Tamén ten problemas nun dedo dun pé o meta Edu, aínda que a súa presenza non está descartada e intentará botar unha man en caso de necesidade. O resto de xogadores están fisicamente ben e con ánimo, sobre todo tras romper na cancha do Prone a dinámica de seis xornadas sen gañar.

A diferenza de expectativas entre ambos os equipos é moi grande, igual que o seu orzamento, pero os xogadores do Burela FS son conscientes de que as súas posibilidades aumentan ao tratarse dun único encontro, en cancha neutral, e contar ademais con menos presión que o Inter, para o que sería un absoluto fracaso caer no primeiro encontro do torneo.

Os dous enfrontamentos desta tempada entre o equipo de Burela e o de Alcalá foron favorables para os intereses dos madrileños, aínda que no pavillón Vista Alegre o conxunto laranxa plantoulle cara e incluso tivo opcións de sumar algún punto. O 0-1 final demostra a igualdade que houbo no encontro, algo que non se repetiu na segunda volta, cando o Inter fixo valer a súa superioridade para gañar por 5-0.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios