Kravets podería retornar ao Lugo para ocupar unha das dúas fichas libres do equipo

O ucraíno provocaría 'overbooking' no lateral esquerdo aínda que podería xogar de extremo
Kravets. AEP
photo_camera Vasyl Kravets. AEP

O Lugo atópase preto de conseguir o regreso do lateral esquerdo ucraíno Vasyl Kravets. O carrilero ocuparía unha das dúas fichas libres das que dispón o club. O defensor xeraría un overbooking no lateral esquerdo, onde o técnico branquivermello, Curro Torres, conta con Canella e Lebedenko.

Se non sae ningún dos dous defensas zurdos, Kravets podería chegar para xogar como extremo esquerdo, pois a opción de Juan Hernández foise ao traste, xa que a murciano conta para o técnico do Celta, Óscar García Junyent.

En xaneiro de 2019, o conxunto branquivermello traspasou a Kravets ao Leganés por unha cantidade próxima aos 2,5 millóns de euros.

CENTROCAMPISTA. Na procura do centrocampista que supla a Borja Domínguez, o Lugo non contará cunha das súas aspiracións para suplir ao vigués, o volante do Zaragoza Giorgi Papunashvili, quen asinou polo Rácing de Santander cedido polo club aragonés.

Sen esta opción no mercado, o Lugo puxo os seus ollos nun ex e compatriota de Papushnavili, Giorgi Aburjania, co que xa falarían e que non está a gusto no Twente, da Primeira División holandesa, co que xogou 10 partidos de Liga nos que anotou un gol. Con todo, o principal inconveniente é o elevado custo da súa ficha.

Comentarios