Kinsey estará polo menos 20 días de baixa por unha lesión muscular

O escolta do Breogán lesionouse o pasado sábado no derbi ante o Obradoiro

Kinsey, en el suelo, durante el Tenerife-Breogán. ACB PHOTO
photo_camera Kinsey, no chan, durante un partido. ACB PHOTO

O escolta do Cafés Candelas Breogán Tarence Kinsey estará polo menos 20 días de baixa pola lesión muscular que se produciu no derbi galego do pasado sábado co Monbus Obradoiro no Pazo dos Deportes de Lugo.

O xogador de Tampa (Florida) tivo que abandonar a cancha nos primeiros compases do partido e os servizos médicos do club diagnosticáronlle unha rotura fibrilar que lle impedirá xogar os encontros co UCAM Murcia (próximo sábado, 18.00), o Unicaja Málaga (domingo 11 de novembro) e Tecnyconta Zaragoza (domingo 18).

O escolta intentará estar dispoñible para Natxo Lezkano na décima xornada, fronte ao Kirolbet Baskonia (domingo 9 de decembro).

No derbi galego tamén se lesionou Alec Brown, quen se resentiu dunha escordadura de nocello que non reviste gravidade e do que se recuperará con traballo específico esta semana para tratar de estar en boas condicións para os próximos partidos.

Outro xogador con molestias, aínda que dispoñible para xogar, é Emir Sulejmanovic, que presenta unha contusión ósea na zona externa do xeonllo esquerdo.

Salva Arco mellora tamén dunha lesión de xeonllo e está previsto que se incorpore progresivamente ao traballo co grupo esta mesma semana.

Ricardo Úriz, en cambio, evoluciona lentamente da súa lesión no cartílago dun xeonllo e está a recibir tratamento de fisioterapia.

En canto aos outros lesionados de longa duración, Henk Norel, que se repón dunha lesión de xeonllo que lle obrigou a pasar por quirófano, xa camiña sen axuda de muletas e incrementou o traballo de forza.

Kabasele, que cumpriu cinco meses e medio desde a intervención á que foi sometido por unha rotura de ligamentos, atópase na fase final do traballo en piscina e será incorporando aos adestramentos en pista á marxe do grupo.

Comentarios