viernes. 10.07.2020 |
El tiempo
viernes. 10.07.2020
El tiempo

O aleiro lituano Mindaugas Kacinas incorporarase á disciplina do Breogán

Kacinas. PALENCIA BASKET
Kacinas. PALENCIA BASKET
El alero lituano jugó la pasada temporada en el Palencia, donde fue uno de los jugadores más destacados

O aleiro lituano Mindaugas Kacinas podería converterse na primeira contratación do CB Breogán de cara á próxima tempada. Aínda que o club lucense mantén silencio absoluto sobre esta ou outras incorporacións, a axencia do xogador Big Management anunciaba este martes que o seu representado seguirá no baloncesto español ao asinar co Breogán. 

Kacinas xogou a pasada tempada no Palencia, onde foi un dos xogadores máis destacados. De feito, foi o máis utilizado polo técnico Carles Marco. O internacional sub-20 co seu país xogou co equipo castelán os 24 encontros disputados ata o obrigado parón polo Covid cun media superior aos 25 minutos de xogo, 8,7 puntos e unhas porcentaxes de acerto do 70% en tiros de dous puntos (56/80) e de 35,9% en tiros de tres (23/64).

O que podería ser novo xogador do Breogán —falta a confirmación oficial— destaca polo seu físico, que sabe aproveitar, é un bo defensor e, aínda que é moi mellorable o seu lanzamento de tres puntos, é capaz de anotar con fluidez sobre todo en base a penetracións, aproveitando a súa forza e capacidade para o rebote. 

Kacinas formouse na Universidade de Carolina do Sur e viviu a súa primeira experiencia profesional en 2018 co Keflanix, equipo da primeira división de Islandia. No verán pasado comprometeuse co Palencia.

O aleiro lituano Mindaugas Kacinas incorporarase á disciplina do...
comentarios