martes. 25.02.2020 |
El tiempo
martes. 25.02.2020
El tiempo

Kabasele xogará ata final de tempada na G League e regresará ao Breogán

Herve Kabasele. SEBAS SENANDE
Herve Kabasele. SEBAS SENANDE
O xogador congoleño militará nos Erie BayHawks, equipo vinculado aos New Orleans Pelicans da NBA

O breoganista Herve Kabasele xogará ata final de tempada no Erie BayHawks da G League (Liga de desenvolvemento) da NBA, equipo vinculado dous New Orleans Pelicans. O xogador congoleño, que comezou a tempada nas filas do Canoe, regresará á disciplina do conxunto lucense ao finalizar a tempada.

A G League é unha competición na que cada equipo está afiliado a outro da NBA, de maneira que se un adestrador estima que un xogador non está ao nivel adecuado pódeo enviar ao seu conxunto da G Legaue durante un tramo da tempada. Ao mesmo tempo, se un xogador de conxunto da liga de Desenvolvemento mostra un alto nivel pode ser incorporado ao da NBA.

Aínda que os resultados non é o máis importante nesta competición, os Erie BayHawks marchan penúltimos na conferencia Este con 10 partidos gañados e 24 perdidos. Como curiosidade cabe sinalar que a sede do equipo, Erie, pertence ao estado de Pensilvania, o nordés de Estados Unidos, mentres que Nova Orleans está no sur, a nada menos que 1.850 quilómetros.

Kabasele, nacido en Mbuji-Mayi, República Democrática do Congo, o 24 de outubro de 1996, chegou ao Breogán na tempada 2017-18 logo de asinar un gran papel no Afrobasket. No equipo lucense tivo un papel secundario, cunha media de 3 minutos por partido (1,3 puntos e 0,7 rebotes) o ano do regreso á liga ACB. A pasada campaña disputouna no Canoe da LEB Ouro, co que promedió 6,4 puntos e 2,2 rebotes en 14.26 minutos. Esta tempada, nos 15 duelos xogados co cadro madrileño, mellorou os seus números ata os 8,1 puntos e 6,6 rebotes en 22.19 minutos

Kabasele xogará ata final de tempada na G League e regresará ao...
Comentarios