Kabasele, outra vez cedido ao Real Canoe

O pivote congoleño seguirá a súa progresión no equipo co que acabou a pasada tempada
Kabasele, en un partido con el Breogán. SEBAS SENANDE
photo_camera Kabasele, nun partido co Breogán. SEBAS SENANDE

Hervé Kabasele volverá xogar cedido polo Breogán no Real Canoe, equipo que tamén milita en LEB Ouro e no que o pivote congoleño xa terminou a pasada campaña. 

Aos seus 22 anos, o interior, de 2,08 metros, buscará minutos para aprender nun equipo no que o pasado curso disputou cinco partidos, promediando 6,4 puntos e 2,2 rebotes en algo máis de 14 minutos.

De está forma, o Breogán abre as portas a un quinto pivote, que todo apunta a que será Massine Fall, que chegaría desde o Lleida para tratar de convencer a Diego Epifanio. O xogo interior lucense complétano o recentemente fichado José Nogués, Thomas de Thaey, Rauno Nurger e Sandi Marcius.

Comentarios