Kabasele marcha á 'mini' NBA

O pivote congoleño do Breogán, que estaba cedido no Canoe, probará sorte no equipo vinculado aos Denver Nuggets
Kabasele, en un partido con el Breogán. SEBAS SENANDE
photo_camera Kabasele, nun partido co Breogán. SEBAS SENANDE

O pivote congoleño Herve Kabasele, xogador cedido polo Breogán ao Canoe madrileño, abandonará a disciplina do club no que milita para continuar a súa carreira nun equipo da liga de desenvolvemento da NBA, segundo confirmou ante o medios Miguel Ángel Aranzabal, o seu actual adestrador. Concretamente xogará no equipo vinculado aos Denver Nuggets.

Kabasele chegou ao Breogán a finais de 2017, pero apenas puido xogar uns poucos partidos ao sufrir unha grave lesión. Tras recuperarse, o club lucense cedeuno ao Canoe, tamén da liga Leb Ouro, onde estaba a gozar de minutos e facendo bos números.

Kabasele, cuxa marcha avanzou na súa conta de Twitter o xornalista de Radio Galega Millán Gómez, segue así o camiño doutros destacados xogadores congoleños na NBA, como Serge Ibaka, Emmanuele Mudiay ou Bismack Biyombo.

O xogador ten contrato co Breogán ata 2021 e seguirá xogando como cedido. Se algún equipo da NBA o quere terá que indemnizar ao conxunto lucense, segundo confirmaron fontes do club celeste ao Progreso. O Breogán non ten previsto facer oficial este movemento ata que o acordo non estea rubricado por todas as partes implicadas.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios