martes. 11.08.2020 |
El tiempo
martes. 11.08.2020
El tiempo

Juanfran García segue sen rexistrar derrotas como adestrador do CD Lugo

Juanfran, no seu primeiro adestramento. XESÚS PONTE
Juanfran, no seu primeiro adestramento. XESÚS PONTE
Dúas vitorias e un empate nos tres primeiros partidos á fronte do equipo branquivermello colocan ao técnico como o mellor debutante no banco lucense

O antigo xogador de equipos como Valencia, Celta, Zaragoza ou Levante estreouse como técnico dun equipo profesional cunha vitoria ante o Numancia (3-1) no Anxo Carro, un empate (2-2) en Alcorcón e un triunfo ante a Ponferradina (0-1). 

Eses sete puntos reactivaron ao equipo lucense, que se reengancha á loita pola permanencia na categoría de prata. 

Juanfran non tiña experiencia no fútbol profesional como adestrador principal, pero si contaba cunha ampla bagaxe como futbolista, algo que foi determinante na súa incorporación. 

Para a súa elección, o CD Lugo valorou máis a capacidade de Juafran como xestor de vestiario que como adestrador

Segundo el mesmo explicou nunha das súas primeiras comparecencias como técnico do Lugo, o club fixouse máis nel como xestor de vestiario que como adestrador e tamén tivo en conta a súa experiencia en situacións comprometidas, como as que viviu, por exemplo, no Levante. 

Partido do CD Lugo ante a Ponferradina. EFE
Encontro do CD Lugo ante a SD Ponferradina do mércores 8 de xullo. EFE

Juanfran é o terceiro adestrador do Lugo esta tempada tras Curro Torres, que debutou con dúas derrotas e un triunfo, e Eloy Jiménez, que o curso pasado, en circunstancias similares, iniciou a súa etapa no banco cunha derrota unha vitoria e un empate. 

Nos últimos anos, da ampla nómina de adestradores que pasaron polo banco do Lugo, ningún mellorou a estrea de Juanfran

Alberto Monteagudo obtivo, en Liga, un empate e dúas derrotas; Javi López, unha derrota, un empate e un triunfo; Francisco Rodríguez, co que o Lugo se reencontrará o domingo no partido co Xirona, sumou un punto antes de encaixar dúas derrotas; Luís César igualou os tres encontros; e José Durán perdeu no seu debut e gañou os dous seguintes; mentres que Luís Milla igualou dúas e gañou un. 

Previamente, Quique Setién obtivo unha vitoria e dous empates na súa estrea en Segunda División (categoría á que ascendeu o equipo), e, na anterior etapa do Lugo en Segunda, Xullo Díaz, tivo dúas derrotas e un empate na tempada 1992/93 e Rodríguez Vaz, unha vitoria, un empate e unha derrota. 

Juanfran García segue sen rexistrar derrotas como adestrador do CD...
comentarios