Juan Nécega comunicou este xoves que deixa o banco do Durán Maquinaria Ensino Lugo por motivos persoais e profesionais.
A pesar de que Nécega seguirá na organigrama e na estrutura do club, o adestrador lucense decidiu deixar a disciplina do primeiro equipo ao non poder dedicarlle ao equipo todo o tempo que este necesita. Nécega deixará os mandos do Ensino Lugo ao seu segundo adestrador, Carlos Cantero.
Desde o Ensino Lugo CB agradecen "todo o esforzo que Juan dedicou ao Ensino, tanto no primeiro equipo como o os equipos de canteira". A directiva considérao "parte imprescindible do club" e destaca que o necesita "para seguir crecendo dentro da nosa estrutura".
Con Juan Nécega como adestrador, o Ensino gañou tres Copas Galicia Junior e clasificou o equipo Júnior para tres campionatos de España chegando a ser sexto. Co equipo Sénior tamén conseguiu dúas Copas Galicia. Ademais foi Campión de Liga Nacional e Campión de Liga Feminina 2 o ano que se consumou o ascenso do primeiro equipo a Liga Feminina.
CARLOS CANTERO. O equipo lucense seguirá traballando na mesma liña da man de Carlos Cantero, ata agora segundo adestrador do equipo.
Cantero chegou a tempada pasada á disciplina do Ensino e coñece perfectamente tanto ao club como ás xogadoras.
O partido de Xirona será o primeiro encontro que dirixa como técnico.