Juan Manuel Ferro logrou un ouro en Lugo para o CN Xove

La expedición xovense desplazada a Lugo. (AMA)
photo_camera La expedición xovense desplazada a Lugo. (AMA)

Juan Manuel Ferro foi a punta de lanza do CN Xove na vixésima cuarta edición do trofeo de natación Cidade de Lugo, celebrado na piscina do Fluvial, club organizador. Ferro conseguiu a medalla de ouro na proba dos 50 metros costas alevín, demostrando a súa gran calidade e progresión durante os últimos meses.

O mozo mariñán non foi o único que raiou a bo nivel nunha competición que reuniu a 200 nadadores de Galicia e Asturias, xa que boa parte dos seus compañeiros tamén rebaixaron as súas marcas e conseguiron bos postos na clasificación xeral.

A expedición xovense estivo formada por Adrián Rouco, Xerome López, Ana Teijeira, Luís Rouco, Sara Teijeira, Daniel Gómez, Grabriel Estébanez, Antón Valdés, Daniel Bermúdez, Sofía García, Brais Vilar, Carmen García, Ainoa Fernández, Eric Fernández, Carla Prieto, Juan Manuel Ferro, Lucía Casabella, Xoel Ramos, Sergio García, Sara Vives, David López, e Xoán Caldeiro.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios